Estás en:
El Conselleiro El Conselleiro

Miguel Corgos
Conselleiro de Hacienda y Administración Pública
Galicia presenta o proxecto de Orzamentos para 2026 en tempo e forma, como vén sendo habitual, con máis de 14.000 millóns de euros, un peso cada vez maior dos recursos propios e sen novo endebedamento por terceiro ano consecutivo.
A nova revisión á alza do PIB permitirá que 2026 sexa o sexto ano sucesivo no que a nosa comunidade teña un crecemento sostible, que nos permitirá seguir creando emprego e rebaixar a taxa de paro ata rozar mínimos históricos.
O Goberno galego vai empregar estes recursos en reforzar o gasto social, cunha aposta sen precedentes pola dependencia, a sanidade pública e a consolidación da educación gratuíta desde infantil ata a Universidade.
Seguimos apostando por darlle un novo pulo á vivenda, así como á modernización do tecido produtivo, unido á aposta pola innovación.
Melloramos o coidado do territorio, con máis recursos e efectivos, e dotamos de medios as novas competencias do litoral. Aumentamos os apoios aos concellos e comezamos a preparar o Xacobeo 2027.
E facemos todo isto de xeito compatible cun novo paquete de rebaixas fiscais selectivas que van beneficiar ás rendas medias e baixas e aos colectivos especialmente protexidos.
Os Orzamentos para 2026 continúan creando a Galicia calidade na que nos gusta vivir.