Os orzamentos de Galicia para 2025 son os primeiros dunha nova lexislatura e achegan as bases para cimentar o futuro da nosa Comunidade, co foco posto na vivenda, nas persoas e no sector produtivo.
Estas contas achegan os recursos para cumprir os compromisos adquiridos polo Goberno galego. Deste xeito, aumentan o investimento produtivo en infraestruturas e reforzan a actividade empresarial para impulsar o crecemento futuro de Galicia. Entre as iniciativas que sustentan este obxectivo atópanse a transformación dixital, o fortalecemento do sector primario, o apoio ao desenvolvemento empresarial ou o pulo ao I+D.
As contas de 2025 teñen máis recursos que nunca, achegándose aos 14.000 millóns de euros. Deles, tres de cada catro euros destínanse ao coidado das persoas a través da sanidade, a educación, a política social e o emprego, superando por primeira vez os 10.000 M€. A partida destinada a vivenda medra ata os 221 M€, ademais de contemplarse novas rebaixas fiscais para facilitar a compra ou aluguer de vivendas.
E todo elo, por segundo ano consecutivo, sen botar man de novo endebedamento.
Son uns orzamentos elaborados desde o rigor e a prudencia, para ser capaces de dar confianza ás familias e ás empresas da nosa comunidade en tempos de incerteza como os que estamos a vivir.