Declaración de accesibilidade

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web: Orzamentos 2020.

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. falta de conformidade co RD 1112/2018:
    • Algúns contidos non están marcados semanticamente, non teñen unha alternativa textual correcta, ou non identifican correctamente o seu cambio de idioma o que pode provocar problemas de procesado e identificación do seu propósito afectando aos requisitos número 9.1.1.1 Contido non textual, 9.1.3.1 Información e relacións, 9.2.4.4 Propósito das ligazóns (en contexto) e 9.3.1.2 Idioma das partes de UNE-EN 301 549:2019.
    • Nalgunhas páxinas a combinación de cores usada para transmitir información pode dificultar a súa lectura ou comprender a súa funcionalidade baixo determinadas condicións lumínicas afectando aos requisitos número 9.1.4.1 Uso da cor e 9.1.4.3 Contraste (mínimo) de UNE-EN 301 549:2019.
    • Nalgúns elementos pérdese o identificador do foco e/ou requiren da utilización do rato para activar a súa funcionalidade afectando aos requisitos número 9.2.1.1 Teclado e 9.2.4.7 Foco visible de UNE-EN 301 549:2019.
  2. carga desproporcionada: non aplica.
  3. o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.

 

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 17/10/2019.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Última revisión da declaración: 17/10/2019.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial.

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

Data de última revisión

A última revisión de accesibilidade foi realizada o 17/10/2019.

Ligazóns relacionadas