O Conselleiro O Conselleiro

Miguel Corgos
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

Os Presupostos de Galicia para o ano 2022 están elaborados cun obxectivo claro: pasar da reactivación á recuperación económica para volver á senda do crecemento san. Para iso, as contas priorizarán a recuperación da actividade económica e do emprego partindo da estratexia Next Generation Galicia e do Plan Estratéxico de Galicia, baseados no crecemento sustentable e na cohesión social e territorial.
 
Con estes orzamentos queremos superar os niveis de riqueza previos á pandemia, apoiar ás familias e aos sectores económicos, baixar de novo os impostos, reforzar o gasto social e o investimento produtivo, controlar a débeda co menor gasto en xuros, blindar as infraestruturas sanitarias, modernizar os servizos públicos e volver á senda do crecemento san.
 
Ademais, reforzamos o noso compromiso coas entidades locais e coas universidades e impulsamos o Xacobeo 21-22 para situar a Galicia como un destino turístico sostible, atractivo e seguro.
 
A Xunta presenta os presupostos para 2022, os máis altos da historia, co maior gasto social e o maior reforzo do investimento produtivo, que buscan trasladar ás persoas e ás empresas unha política útil. Uns orzamentos coa forte pegada do conselleiro Valeriano Martínez cuxa contribución constitúe o derradeiro dos seus moitos servizos a Galicia.