A Xunta tivo claro desde o primeiro momento que este ano máis ca nunca, a prioridade eran as persoas, as familias e as empresas.
Por iso, os orzamentos do vindeiro ano, os máis altos da historia de Galicia, priorizan cinco liñas de actuación: o apoio e protección ás familias e ás persoas máis vulnerables; o aforro e eficiencia enerxética, a dinamización económica, a protección do medio ambiente e loita contra a seca e o cambio climático; e o fortalecemento dos servizos públicos.
Son ademais, cinco liñas que encaixan á perfección co Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030, toda vez que estes serán os primeiros orzamentos EN CLAVE GALICIA 2030 nos que se inclúan as prioridades dos eixos e obxectivos estratéxicos da folla de ruta trazada pola Xunta para esta década.
Son uns presupostos con máis gasto social, menos impostos, máis investimento e menos débeda, en definitiva, uns orzamentos que permitan acadar o IMPULSO QUE GALICIA NECESITA.