Nestas verbas de introdución alédame poder dicir que os orzamentos de Galicia para o vindeiro ano 2024, os últimos desta lexislatura, van ser o estímulo que guíe o crecemento e o emprego futuros, e tamén o que os galegos e as galegas precisan neste momento.
Queren ser as de 2024 unhas contas con máis recursos ca nunca, 13.257M€ para garantir un crecemento estable, consolidar as rebaixas fiscais en vigor, recollendo novos incentivos para a compra de vivenda e de automóbiles, e reforzar os servizos públicos, mellorando un ano máis o gasto en sanidade, educación, políticas sociais e emprego.
Uns orzamentos que invisten nas PERSOAS co apoio aos que máis o precisan; que invisten no FUTURO das galegas e galegos con investimentos produtivos en transición verde e dixital para sentar as bases do crecemento e emprego futuros; e que invisten en ESTABILIDADE cunhas finanzas solventes e que consolidan os beneficios fiscais para a cidadanía.
En definitiva, deixo ante vós unhas contas que pensan no hoxe e no mañá.