Estás en:
Consulta e visualiza rapidamente o orzamento de gastos dende os 3 puntos de vista principais:
- Quen: a clasificación orgánica detalla os gastos que realiza cada consellería.
- En que: debúllanse os gastos segundo a súa natureza económica: gastos correntes, gastos de persoal, investimentos, gastos de capital, gastos financeiros, etc.
- Para que: a clasificación funcional ou por programas agrupa os créditos segundo a súa finalidade.
Coñece de onde se obterán os fondos para poder financiar todos os gastos orzamentados.
A clasificación económica do orzamento de ingresos agrupa os ingresos en función da súa orixe, diferenciando impostos directos, impostos indirectos, transferencias dende outras administracións, etc.
Descobre como o orzamento de gastos do próximo exercicio forma parte dun plan a máis longo prazo, o Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030, para impulsar o crecemento económico de Galicia e, ao mesmo tempo, modernizar e promover a cohesión social e territorial.
Este plan estrutúrase xerarquicamente en Eixos, Prioridades de Actuación, Obxectivos Estratéxicos e Obxectivos Operativos.